O inspector de Pontevedra Ángel Ruibal e o policía de Sanxenxo Abelardo Martínez reciben os premios Fesvial
Por Redacción
Dous axentes das Rías Baixas, o inspector principal da Xefatura da policía local de Pontevedra Ángel Ruibal e o axente da policía local de Sanxenxo Abelardo Martínez recibiron a distinción dos premios Fesvial dentro das segundas Xornadas sobre Boas Prácticas Municipais en Seguridade Viaria organizadas pola Fundación para a Seguridade Viaria, coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, a Federación española de municipios e provincias ou a Unijepol.
Estes premios concederse a aquelas persoas que desenvolveron boas prácticas ou experiencias beneficiosas para a seguridade viaria no ámbito do municipio. O evento celebrouse en Madrid dentro do Salón Trafic-Ifema con máis de 150 participantes coa presenza de numerosos mandos e axentes das Policías Locais de toda España, ademais de membros da Garda Civil e da Ertzaintza que realizan actividades relacionadas coa educación e a seguridade viaria.
O policía Abelardo Martínez participou na mesa de debate sbre experiencias en Educación Viaria, co coñecido personaxe do Poli Paco, que tanto éxito adquiriu entre os máis pequenos.
Relacionadas:
-
Ángel Ruibal asume as rendas da Policía Local de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Poli Paco presenta ao avó Nicolás e a Paquito
Por Redacción |
-
Unha curtametraxe dos nenos do colexio da Florida, na busca dun premio de seguridade viaria
Por Elena Álvarez Quintá |
-
Sanxenxo acollerá as XI Xornadas estatais de Seguridade Viaria
Por Redacción |
-
O Poli Paco promociona o Sinal PF
Por Redacción |
-
Conceden a medalla da Seguridade Viaria ao Policía Local de Pontevedra, Ángel Ruibal
Por Redacción |
-
Abelardo Martínez, promotor do "Poli Paco", medalla á seguridade viaria
Por Redacción |