Dez anos de cadea para un veciño de Caldas por roubar, pegar, reter e coaccionar un ourensano
Por Redacción
Un veciño de Caldas de Reis foi condenado a dez anos de prisión pola Audiencia Provincial de Ourense como autor de catro delitos que cometeu no ano 2007 en colaboración con outro individuo que xa fora penado por esta causa con anterioridad. En concreto, considéraselle autor de roubo con forza e uso de instrumento perigoso, lesións con instrumento perigoso, detención ilegal e ameazas con coaccións.
A sentenza considera probado que os feitos producíronse sobre as 13.30 horas do día 13 de decembro de 2007. O acusado e o seu cómplice vestíronse como limpiadores municipais e con bufandas e casco e abordaron á súa vítima cando este practicaba footing polo Paseo das Ninfas de Ourense.
Tirárono ao chan e propináronlle golpes por todo o corpo, valéndose primeiro dunha ferramenta de xardiñeiro e logo dunha defensa de metal extensible, así como das mans. A continuación, atáronlle as mans, tapáronlle os ollos e a boca con cinta adhesiva e obrigárono a entrar nunha furgoneta. Alí esixíronlle as chaves do seu domicilio e dirixíronse ao mesmo.
Mentres o outro acusado custodiaba á súa vítima, o veciño de Caldas accedeu á vivenda. Esixiulle ao dono a combinación da caixa forte baixo ameazas de ser torturado, pero este díxolle que estaba aberta. Dela colleu 2.000 euros, 900 dólares, 30.000 pesetas, varias cantidades de diñeiro en divisas de países sudamericanos, un reloxo da marca Rolex, as chaves de dous vehículos e documentación persoal.
Posteriormente, e sempre na mesma furgoneta, desprazáronse a Vigo, traxecto durante o cal a vítima permaneceu tirado na parte traseira do vehículo e tapado cuns cartóns. Ao chegar estacionaron a furgoneta fronte a unha nave comercial, situada nos arredores da cidade e preguntáronlle ao home onde tiña máis diñeiro.
Minutos despois chegou unha terceira persoa que non puido ser identificada para entrevistarse coa vítima. Tras catro horas retido, regresaron noutro vehículo diferente a Ourense e soltárono nas inmediaciones dun hospital. Cando chegaron eran as 23.30 horas e o home, unha vez liberado, foi atendido das lesións sufridas.
Segundo recolle a sentenza, presentaba feridas inciso contusas no*cráneo e a cara, hematomas lineais múltiples en tronco e membros e un hematoma en pómulo esquerdo que requiriron para a súa curación puntos de sutura e dos que tardou en curar 25 días. Como secuelas quedáronlle diversas cicatrices de escasa entidade no mentón, a rexión frontal, o pabillón auricular e o beizo superior.
Nos días seguintes, o veciño de Caldas ordenou ao seu cómplice que chamase á vítima e mantiveron varias conversacións nas que se abordou a devolución dos documentos substraídos no seu domicilio e manifestóuselle que se non entregaba o diñeiro que lle esixiron durante o seu cautiverio terían que "ir ás bravas".