Rematadas as obras de arranxo da pista de skate nas Lagoas
Por Redacción
O Concello de Bueu culminou hai uns días as obras de arranxo do skate park sito na zona das Lagoas, que estaba en malas condicións e para o que se acometeu unha actuación valorada en 9.000 euros. As obras consistiron nunha reparación dun material diferente, que se considera máis resistente.
En concreto, aplicouse unha capa de formigón de 2 centímetros e por enriba poliéster reforzado con fibra de vidro, cuberto todo dunha pintura verde.
O executivo buenense puxo a máxima prioridade nesta actuación debido á perigosidade e mal estado das instalacións, xa que a comezos de agosto se detectaron varias chapas desprendidas.
Ante as boas críticas recibidas, o Concello non descarta ampliar esas instalacións a outros lugares da vila buenense en vista do éxito que teñen.
Relacionadas:
-
O mal estado da pista do skate park das Lagoas obriga a súa renovación integral
Por Redacción |
-
O alumnado do instituto Johán Carballeira traslada ao alcalde o seu proxecto de remodelación do skate park
Por Redacción |
-
A pista de skate das Lagoas vai ser arranxada
Por Redacción |
-
Estudan alternativas para o arranxo da pista de skate das Lagoas
Por Redacción |