Surfing The Lérez recolle alimentos ata encher 14 furgonetas para Redeaxuda
Por Redacción
Diversión e solidariedade van da man no festival Surfing the Lérez. A "entrada" á Illa do Cobo era unha doazón de alimentos ou productos hixiénicos básicos para Redeaxuda e a xente respondeu con xenerosidade.
Foron necesarias catorce furgonetas para recoller as doazóns dos participantes no Surfing, catro máis que o pasado ano cando se cifrara en duas toneladas e media a cantidade de produtos recollidos.
A xente seguiu as indicacións da organización do Surfing the Lérez e entregou os produtos demandados por Redeaxuda: aceite, azucre, zume, embutidos e queixo, galletas, tomate frito, leite, cacao, cereais, salchichas e cueiros.
As doazóns foron recollidas por un grupo de voluntarios e trasladadas a Casazul co fin de facer o reparto e cubrir as necesidades declaradas polas organizacións que integran a Redeaxuda. Os voluntarios remataron o servizo de transporte case a media noite.
Relacionadas:
-
O Surfing The Lérez amplíase a dous días: 17 e 18 de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
Igloo, Novedades Carminha, Querido Extraño e Thee Blind Crows, ao Surfing the Lerez o 18 de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
Comeza o reparto das máis de catro toneladas de alimentos recollidos no Surfing the Lérez
Por Redacción |
-
Os festivaleiros surfean en familia no Lérez
Por Diego Torrado |
-
Este sábado chega a romaría do rock and roll á Illa das Esculturas da man do festival Surfing the Lérez
Por Redacción |