O colectivo ciclista agradece o acordo político para mellorar a súa seguridade viaria
Por Oskar Viéitez
Representantes do colectivo en defensa da bicicleta, Masa Crítica Pontevedra, pedíronlle á ministra de Fomento, Ana Pastor, durante a inauguración da Avenida Josefina Arruti que fixera o posible por axilizar o paseo peonil e ciclista na PO-11 xa que o consideran "importantísimo como medida de mobilidade peonil e ciclista entre Marín e Pontevedra".
Este colectivo agradeceu públicamente a todas as forzas políticas do Concello de Pontevedra o acordo unánime de mellora integral na PO-546 e que o acceso de tráfico pesado de madeira o complexo industrial sexa pola PO-11.
As medidas de seguranza viaria que ata agora promoveu Masa Crítica Pontevedra non eran sostibles co paso do tempo polo que este acordo político é de vital importancia.
Este agradecemento o fixeron extensivo ao Subsector de Tráfico da Garda Civil polo aumento de presencia do radar móbil e das patrullas na PO-546, ás empresas Mombus e a Ence pola súa implicación coas campañas de concienciación, á Xunta de Galicia pola colocación dos paneis de advertencia da presenza de ciclistas na PO-546 e ao PP de Pontevedra pola súa axuda para axilizar a colocación destes paneis.
"Dende Masa Critica Pontevedra valoramos moi positivamente e esperamos que as medidas de mellora da seguridade se leven a cabo o antes posible", salientaron.
NOVA MARCHA REIVINDICATIVA
Este día 24 é o último xoves deste mes de setembro, polo que os integrantes de Masa Crítica farán a habitual saída polas rúas da cidade de Pontevedra á que queren invitar a todos os cidadáns a participar coa súa bicicleta. O propósito é recordarlle ós condutores que "Non bloqueamos o tráfico, ¡Somos tráfico!", recordarlle ós ciclistas que o seu espacio é a calzada non as beirarrúas e ás institucións que teñen que mellorar as condicións de seguridade dos ciclistas.
A saída será coma sempre en horario de verán ás 21:00 na praza da Peregrina e o percorrido polas rúas da cidade ten unha duración duns 45 minutos. Os menores de 16 anos teñen a obriga de levar casco e ir acompañados dun adulto.
Relacionadas:
-
Pedaladas lamenta que a Xunta rexeite mellorar a estrada vella de Marín
Por Redacción |
-
O PP 'salta' á Xunta e insta o Concello a pedir a cesión da estrada vella a Marín e humanizala
Por Redacción |
-
Marea esixe a reforma integral da vella estrada a Marín e o traslado do tráfico pesado á PO-11
Por Redacción |
-
Os ciclistas propoñen a entrada de vehículos pesados a Ence pola avenida de Marín
Por Redacción |
-
Reducir a velocidade a 50 km/h na PO-11 rebaixaría o risco de morte por impacto a un ciclista do 95 ao 45%
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Masa Crítica pide que a "autovía" de Marín se limite a 50 km/h. para que volvan circular os ciclistas
Por Redacción |