Ferido leve un peón atropelado por unha moto na praza de Galicia
Por Redacción
Un peón resultou ferido con carácter leve tras ser atropelado por unha motocicleta na praza de Galicia. Foi trasladado ao Hospital Domínguez.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 10.10 horas á altura da parada de autobuses.
Un particular alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e estes a o 112. Tamén se desprazou ao lugar a Policía Local de Pontevedra, que levantou atestado do sinistro.
A atropelada resultou ser unha muller de 34 anos que responde ás iniciais. R.G.P. Tras recibir unha primeira asistencia sanitaria no propio lugar dos feitos, foi trasladada ao Hospital Domínguez por lesións de carácter leve.