As obras do Nó de O Pino pendentes de Rusia
Por Oskar Viéitez
Esta semana cúmprese un mes desde a solicitude voluntaria de preconcurso de acreedores por parte da empresa Obras, Camiños e Asfaltos (OCA) S.A.
Esta firma ourensana tivo que acudir a este recurso legal para evitar a insolvencia financeira, ao acumular impagos ás súas subcontratas. No caso concreto das obras do Nó de O Pino, son 1,8 millóns de euros a case 20 firmas auxiliares.
Esta medida cautelar do preconcurso ten unha duración de catro meses. Desde a dirección de OCA confían en superar este déficit, que cualifican de "puntual", e evitar a suspensión de pagos.
Os directivos de OCA buscan a solución fóra de España, concretamente en Rusia, coa implantación dunha planta de aglomerado en Moscú. Pero para que esta operación teña éxito é necesario pechar un acordo cun inversor estranxeiro co que xa realizaron anteriormente obra pública en Ucrania.
Mentres tanto desde a firma ourensana trasladan a súa intención de pagar os seus acredores, así llo trasladaron tamén ao Ministerio de Fomento. Insisten en que a marxe que lles da o preconcurso de acredores será suficiente para superar a situación actual.
En canto ás obras do Nó de O Pino faltan as canalizacións dos ríos Pintos e Tomeza na zona de O Marco e á finalización da ponte entre San Brais e Matalobos. Ademais do asfaltado e pintado dos viais, así como os traballos de urbanización e xardinería.