Cantas marsopas quedan nas Rías Baixas?
Por Oskar Viéitez
Curmás pequenas de baleas e golfiños, as toniñas ou marsopas (en castelán) son uns cetáceos que corren o risco de desaparecer en moitos lugares do planeta. No mar Mediterráneo extinguíronse na década de 1790 pero nas Rías Baixas aínda perviven.
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) iniciará esta madrugada unha mostraxe por mar e aire para determinar cantas son e cal é a situación das toniñas que nadan en Galicia.
O proxecto denomínase Phocoeval e conta co apoio do Ministerio de Agricultura a través da Fundación Biodiversidade, que achegou 33.000 euros en axudas.
Os membros do Cemma percorrerán a costa a bordo do "Bahía de Nergha", un veleiro de 15 metros e completarán o estudo dende un avión.
Este proxecto tamén pretende establecer un valor de densidade e abundancia das toniñas nas nosas costas que xustifique o cambio de categoría de protección á de "especie en perigo de extinción".