Esperando a Pablo Alborán día 2 (agora con nai): "Así como lo vea, me da un yuyu y me caigo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Segunda noite ao raso e o ánimo inmutable. A pesar do cansazo acumulado de levar dende a noite do luns esperando para o concerto de Pablo Alborán nunha tenda de campaña e de que a chuvia leva caendo horas insistentemente, Nerea e Miriam seguen convencidas de que "claro que merece la pena" por ver o seu ídolo. Agora, ademais, xa se moveron, están ás portas da rampa de acceso ao recinto e teñen compañía. Sobre as 23.00 horas do martes uniuse María, a nai de Nerea, e a primeira hora deste mércores sentáronse baixo o paraugas ao seu lado Sonia e Nerea, dúas fans de Cangas e Pontevedra.
Estas xa cinco incondicionais do cantante malagueño non compiten por ver quen será a que estea mellor situada durante o concerto do venres. Nerea e Miriam lográrono ao plantarse elas soas en Pontevedra día e medio antes que o resto e ata chancean con que "nos vamos a poner aquí un tatuaje: somos las primeras. Eso no nos lo quita nadie". Pero si está en disputa quen é máis fan que as demais. E a competición preséntase disputada. Se Miriam xa anuncia que "yo, por Pablo, lloré hasta viendo la tele, así que en persona no sé cómo voy a hacer" e Nerea asegura que "yo nunca me cansaría de verle", María Palacios avisa: en caso de lograr velo en persoa, "quedo aquí tiesa".
Ten 45 anos e dúas fillas de 11 e 18 (Nerea), pero María confesa que "estoy como una niña de 20 años". Que faría se logra ter a Alborán diante? "Me muero, me caigo aquí, quedo desmayada, no reacciono, yo creo que no haría nada porque así como lo vea, me da un yuyu y me caigo". A resposta, cuxa emoción non ten nada que enviar á que ten a súa filla, inclúe a súa filla e a súa amiga, que o martes invitaron ao cantante a ir a saudalas: "Imagínate si nos viene aquí: 'hola chicas, vamos a tomar algo, soy Pablo Alborán'… Nos morimos".
A nai si ten máis picardía que a filla e engade que, tras o shock inicial,"no sé si me quito la camiseta, si le diría que pasara, que cerramos la tienda, no sé…" pois chancea asegurando que é o ídolo da súa filla, pero "primero hay que probar el material para decirle a las hijas cómo está, tú imagínate que no vale...".
O martes pasaron o día entre asentarse, xogar cunha pelota, pintar pancartas, facerse selfies para instagram e twitter, xogar ás cartas e ler -no caso de Nerea, rematou o libro Mi primer beso-, pero este mércores, a súa segunda xornada de espera groupie, faise máis costa arriba debido á chuvia. A primeira noite, segundo María, "fue dura, muy dura", pois o chan non resulta confortable, ía "mucho frío", en especial polo orballo, e a tenda é pequena. E chegou a luz do sol e, con ela, o ruído do inicio da instalación do escenario do concerto.
A pesar de que durante a noite o parque Rosalía de Castro queda practicamente ás escuras, non senten medo, pois a Policía Local pasa a velas e comprobar que están ben e mesmo lles ofreceron utilizar as dependencias policiais en caso de que necesiten un café ou mesmo utilizar os servizos. Tambien empezaron a entaboar unha boa amizade cos membros da organización, que mesmo as invitaron a un café.
Van capeando o temporal con forros polares, bolsas de lixo para cubrir a tenda e paraugas. "Llueve, pero no pasa nada, por Pablo cualquier cosa".
Relacionadas:
-
Pablo Alborán conquista aos seus fans pontevedreses
Por Diego Torrado |
-
Como se prepara un concerto como o de Pablo Alborán?
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Catro noites ao raso esperando a Pablo Alborán: "Ya estamos aquí, Pablo, vente, pásate a saludar"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pablo Alborán, o "concerto do ano" en Pontevedra para o que se venderon xa 4.000 entradas
Por Alejandro Espiño |