Oito árbores de Nadal regresan aos montes pontevedreses
Por Alejandro Espiño
Non só as persoas conseguen una segunda oportunidade na vida. Desde este ano, tamén as árbores de Nadal dos fogares pontevedreses poden tela. Oito familias decidiron que as árbores que estes días decoraron os salóns das súas casas, volvan de novo ao monte de onde saíron.
Sos as familias que participaron na campaña Arborízate, que puxo en marcha no mes de decembro o Concello de Pontevedra, co obxectivo de fomentar a compra de árbores de Nadal naturais como produto máis sostible que as artificiais, e permitir a dinamización do sector.
As árbores destas oito familias foron replantadas nunha parcela do monte comunal de Pontevedra situada no lugar de Armada, parroquia de Salcedo. Os monitores axudaron aos participantes nestas plantacións, entregáronlle unha foto coa súa árbore, un localizador para que poidan seguir o seu crecemento e puxéronlle o nome que consideraron oportuno.