Un proxecto do IES Luis Seoane de Monte Porreiro, finalista do Premio á Acción Maxistral 2015
Por Redacción
A Comisión de Avaliación Nacional do Premio á Acción Maxistral 2015, convocada pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e o BBVA, seleccionou finalista nacional da súa undécima edición a un proxecto educativo do IES Luis Seoane, da urbanización de Monte Porreiro, na Categoría B correspondente ao Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato.
O proxecto denomínase 'Aprender, convivir no marco dunha Escola Asociada á UNESCO. Un proxecto colectivo' e céntrase no compromiso de converterse nunha escola de calidade, creativa e innovadora que responda ás necesidades do alumnado, do barrio e das familias, ademais da necesidade de avogar por unha educación que faga realidade a construción dunha escola pacífica, harmónica e con proxecto de futuro.
A este premio, que cumpre a súa undécima edición, presentáronse 534 proxectos de profesores e centros escolares de toda España.