
CC BY-NC-SA PontevedraViva
O coronel da Garda Civil de Pontevedra cualifica o infanticida de Moraña como "una persona sin nombre"

Por Redacción
O coronel da Garda Civil da comandancia de Pontevedra, Miguel Estévez Lara, mantivo o seu primeiro encontro coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, despois da toma de posesión da nova máxima dirixente provincial. A entrevista, de carácter protocolario, serviu para falar de temas de interese común en axuda de materia de acuartelamento, segundo expuxo Miguel Estévez.
A Deputación provincial e a dirección xeral da Garda Civil manteñen un acordo de colaboración cunha axuda económica que se destinará á mellora da fachada do acuartelamento de Pontevedra con pequenas obras na cabeceira.
Miguel Estévez realizou tamén un balance, a preguntas de PontevedraViva, sobre a seguridade durante o verán deste ano. Sinalou que fora un bo verán en xeral salvo por dous "hechos delictivos horrorosos. El tema del doble homicidio de Arbo y el infanticidio de Moraña, con esas dos criaturas que fallecieron en manos de esa persona que no tiene nombre".
O coronel indicou que a visita do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, a terras galegas para pasar as vacacións se desenvolvera con normalidade e concluíu que a Garda Civil está a tratar de mellorar para ofrecer a mellor atención aos cidadáns de Pontevedra.
O coronel da Garda Civil fai un balance da seguridade na provincia durante o verán
Miguel Estévez. Coronel da Garda Civil
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Relacionadas:
-
O parricida de Moraña drogou ás súas fillas antes de matalas cunha radial para evitar que se defendesen
Por Natalia Puga |
-
A Garda Civil celebra a súa patroa confirmando que a provincia é segura
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Pedirán prisión permanente revisable para o parricida de Moraña: "Ese asesino tiene que tener esa condena"
Por Redacción |
-
Rajoy veraneará nunha casa illada de Ribadumia con 3.200 metros de xardín, piscina e vistas sobre a ría de Arousa
Por Natalia Puga |