O xerente do CHOP reitera ao Concello o seu desacordo coa instalación de lombos diante do Hospital Montecelo
Por Redacción
O concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará mantivo este martes unha reunión co xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) José Manuel González e outros técnicos do Sergas para presentarlles o proxecto da praza do Hospital e o proxecto de mellora da mobilidade, seguranza viaria e accesibilidade en Montecelo.
Esta reunión está enmarcada dentro da ronda de contactos que o concelleiro está a realizar nas últimas semanas coas distintas entidades implicadas neses proxectos.
Segundo Luís Bará, presentoulles os problemas dos distintos ámbitos e abordaron as solucións que plantexa o Concello para cada un deles. Chegouse a un acordo do 95% dos proxectos, dado que a xerencia do Sergas non está de acordo coa instalación de pasos de peóns elevados diante do hospital.
De todos os xeitos, o concelleiro explicou que o Concello segue adiante co proxecto de mellora da seguranza viaria, mellora da accesibilidade e mobilidade diante de Montecelo onde está previsto a instalación dunha rotonda, reducir a calzada e a instalación de dous pasos elevados como medidas para tratar de reducir a velocidade neste ámbito onde se teñen detectado vehículos a velocidades elevadas; e sempre seguindo as recomendacións dos técnicos de mobilidade do Concello de Pontevedra.
O concelleiro considerou "moi satisfactoria a reunión, dado que aínda que non exista unha sintonía total coa xerencia do hospital, si é moi elevada, e ambas partes están de acordo en mellorar a seguranza dos miles de persoas que visitan cada día o Hospital Montecelo".
Relacionadas:
-
Bará, ante o veto da oposición aos lombos de Montecelo: "Que se atrevan a dar o paso a gobernar xuntos"
Por Alejandro Espiño |
-
Bará acusa a oposición de ter "o cerebro motorizado porque cando analizan un proxecto pensan en coches"
Por Redacción |
-
Técnicos de ambulancias alertan de 46-48 lombos que "perjudican" o seu traballo, segundo o PP
Por Natalia Puga |
-
Moreira reitera ante o xerente do CHOP a súa oposición aos lombos nos accesos a Montecelo
Por Redacción |
-
"Total sintonía" entre Concello e Deputación para reformar o acceso a Montecelo e Príncipe Felipe
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PSOE propón a eliminación ou rebaixa de 49 lombos para crear cinco vías de ambulancias a Montecelo
Por Redacción |