Rajoy alerta en Soutomaior da "deriva" do PSOE cara a "radicalización" e o "extremismo" de Podemos
Para Mariano Rajoy, a única ameaza para a recuperación económica en España é a "deriva" do PSOE cara a "el extremismo y el radicalismo", en relación ao pacto ao que poderían chegar os socialistas e Podemos ante unha posible vitoria do PP e que "algunos ya están preparando contra quien va a ganar las elecciones". Así o expresou o presidente do Goberno no tradicional acto de inicio de curso político que se celebrou este domingo no castelo de Soutomaior.
Ante máis dun millar de militantes, Rajoy afirmou que "no podemos volver atrás, hay que seguir el camino iniciado, que se ha demostrado es el eficaz", grazas ao cal, dixo, "lo peor ya pasó y el futuro se ve de otra forma". Aínda así, recoñeceu que "hemos vivido malos momentos y que hay gente que aún lo pasa mal", pero mantivo que "los sacrificios y esfuerzos merecieron la pena", xa que ante esta crise "no hacer nada habría sido un suicidio".
Tras repasar a súa xestión á fronte do Goberno, o dirixente popular insistiu en que España "ha dejado atrás la amenaza de un rescate y la amenaza del desempleo", pero matizou que o máis importante é que "hemos dejado atrás la desesperanza, el miedo al futuro y los túneles sin final". Unha recuperación que, non obstante, ten que consolidarse, e para iso, dixo, España necesita "al menos cuatro años más" de goberno do PP.
Ademais do "reto" que, en palabras de Rajoy, supoñen as próximas eleccións xerais, para as que pediu aos seus compañeiros en Galicia que sigan traballando "con la misma dedicación y esfuerzo de siempre", o presidente recordou a importancia dos comicios cataláns do 27-S ante os cales alertou do "virus de la desunión" que tratan de inocular "aquellos que están juntos para romper" a unidade de España.
Con respecto a Galicia, Mariano Rajoy recordou que o PP segue sendo a primeira forza en apoio electoral "por mucho que el PSOE se empeñe en burlar la voluntad de los ciudadanos" e puxo en valor os investimentos realizados polo Goberno na comunidade, especialmente os 3.500 euros de investimento para a AVE, unha cifra "no menor", ou os 17 millóns de euros aprobados esta semana para a Catedral de Santiago.
A este optimismo sumouse tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Na súa intervención, afirmou que Rajoy -ao que equiparou a Adolfo Suárez- presidiu un goberno que foi elixido "para facer o difícil e fixémolo" e que logrou afastar o fantasma da quebra económica, grazas ao cal o país pasou "da destrución masiva de emprego á creación importante de emprego mes a mes".
"O presente é mellor porque está presidido por Rajoy e o futuro será mellor porque seguirá presidido por Rajoy", afirmou un Núñez Feijóo que sinalou que estes catro anos de "esforzo" de todos os cidadáns "valeron a pena". Fronte a iso, criticou o liderado "efímero" que vaticina no PSOE e ás mareas cidadás porque "só se miran ao ombligo" e bateron o seu "record de caducidade" pasando, dixo, "do podemos con todo ao a ver se podemos con algo".
Núñez Feijóo: "O presente é mellor porque está presidido por Rajoy e o futuro será mellor porque seguirá presidido por Rajoy"
A este respecto, o presidente galego preguntouse en que situación estaría España "de ter continuado catro anos máis coas políticas que nos trouxeron aquí e reivindica ZetaPedro, cal sería a situación de adoptar durante catro anos a actitude do Goberno grego reivindicada por Podemos, e como estariamos se tiveramos durante unha lexislatura un goberno que atende máis ás reivindicacións independentistas que aos principios constitucionais".
O ÚLTIMO ANO EN SOUTOMAIOR?
Nas intervencións de todos os dirixentes populares houbo un firme reproche á Deputación de Pontevedra. E todo porque o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, denunciou que a institucional provincial lles informou por carta que esta será a última vez que cederá o castelo para que o PP poida comezar nel, igual que nos últimos nove anos, o curso político.
"Va a ser el último año, a nuestro pesar, no nos van a dejar celebrar el décimo aniversario. Nos privan de que el presidente del Gobierno pueda disfrutar de unas instalaciones públicas, de todos", afirmou o alcalde, que lamentou que o castelo se vaia destinar unicamente a "reportajes fotográficos", en relación ás habituais vodas, comuñóns, bautizos e eventos sociais varios que se celebran nas súas instalacións.
Tamén Rafael Louzán, presidente da Deputación ata o pasado mes de maio, lamentou esta decisión e recordou que foi Mariano Rajoy quen, na súa etapa á fronte da organismo provincial, impulsou a adquisición e rehabilitación do recinto. Agora, dixo, hai á fronte da deputación pontevedresa un goberno que custa "un 63% máis" que o anterior, alcanzando os 1,16 millóns de euros anuais.
Neste sentido, Louzán pediu a reforma electoral para que gobernen os candidatos máis votados porque apuntou que en Pontevedra "o maior respaldo foi para o PP" e non obstante gobernan ata "cinco ou seis xuntos" nalgúns municipios. "Os socialistas xunto cos salvapatrias son o peor para calquera goberno", dixo, polo que reiterou que, de cara ás eleccións xerais, "a única garantía sólida de futuro" é un goberno presidido por Rajoy.
Relacionadas:
-
Carmela Silva insiste en impedir ao PP o uso dos xardíns do Castelo de Soutomaior: "Acabáronse os privilexios"
Por Anxo Lourido |
-
Advirten o PP que en 2016 non poderán usar os xardíns do castelo de Soutomaior para o seu acto político
Por Redacción |
-
Rajoy abre este domingo en Soutomaior un curso político marcado polas eleccións de decembro
Por Redacción |