Cuntis confía en comezar en setembro o arranxo das pistas de atletismo de As Canteiras
Por Redacción
O Concello de Cuntis está a elaborar o proxecto técnico necesario para acometer as obras de arranxo das pistas de atletismo e as instalacións anexas ao campo de fútbol de As Canteiras.
Segundo informou o Concello, o primeiro reto do novo Goberno foi conseguir a financiación necesaria para a execución das obras para arranxar as pistas de atletismo. O proxecto que existía previamente, segundo explican, "nada ten que ver coa realidade actual do estado das pistas", de modo que o Goberno local decidiu acometer a redacción do devantido proxecto técnico.
A intención é presentar ese proxecto para poder contratar a obra de forma inmediata e empezar o seu arranxo ao longo do mes de setembro. Tamém se prevé realizar labores de mantemento ordinarias no campo de cara ao inicio da tempada de futbol.
Ao respecto, o Concello indica que a obra no campo foi outra das súas prioridades e un compromiso cos veciños de Cuntis e os atletas que usan a pista.