O Pleno debaterá unha moción da CIG para evitar que Galicia sexa "unha teta subministradora de Madrid"
Por Redacción
Opina Jon Barturen, responsable comarcal da área de Industria de CIG-Pontevedra, que "Madrid non pode condenar a esta terra a ser unha teta subministradora". E con esta afirmación presentou este xoves a iniciativa lexislativa popular (ILP) que promove o seu sindicato contra a pobreza enerxético, un texto que acadou o respaldo do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e que será debatido no vindeiro Pleno da Corporación.
A moción da CIG, que se está a presentar en todos os concellos galegos, promove unha ILP que inclúa medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética con obxectivo de presentala no Parlamento de Galicia e que se convirta nuna proposición non de lei A idea convenceu a Lores e, logo de reunirse con Barturen e co secretario comarcal da CIG, Marcos Conde, comprometeuse a que "apoiaremos con toda a forza posíbel a ILT".
O alcalde reiterou que a pobreza enerxética, que en Galiza afecta a unhas 108.000 persoas, ten que ver cos prezos da enerxía - o recibo da luz subiu un 67% nos últimos seis anos e un 107% na última década- pero tamen coa baixa dos salarios ou conxelación, e o desemprego. A CIG recorda que Galicia produce o 12% da enerxía do Estado.