Ferido grave tras caer dun andamio cando podaba unha árbore
Por Redacción
Un veciño de Ribadumia de 69 anos, sufriu graves feridas tras caerse do andamio ao que estaba subido para podar unha árbore.
Segundo explican fontes de Protección Civil de Ribadumia, o suceso ocorreu ás catro e dez da tarde na rúa Figueiras, próxima á piscina municipal.
O home atopábase no alto dun andamio cando escorregou caendo ao chan.
Nun primeira valoración diagnosticaronlle unha hemorraxia interna, traumatismo craneoencefálico e fractura dun brazo, recomendando o seu inmediato traslado en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago.
A ambulancia de Protección Civil de Cambados trasladouno ata unha zona aledaña onde puido aterrar o helicóptero do 112.