A Feira Franca xa está en camiño: os nenos aprenden sobre a alquimia
Por Mónica Patxot
A Feira Franca está xa en camiño e, para quentar motores, o Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA) está a achegar a realidade desta celebración aos nenos pontevedreses. Os pequenos de 6 a 12 anos son os protagonistas dos obradoiros infantís que se realizan as mañás dos luns e martes.
Os obradoiros, que se celebran entre as 10.00 e as 12.00 horas, forman parte dos eventos previos á Feira Franca e abordan un mesmo tema xenérico, pero dende distintos aspectos. Trátase da alquimia, temática elixida para a edición 2015 da festa e sobre a que os nenos teñen a oportunidade de coñecer detalles sobre esta antiga práctica que estaba en voga na Idade Media.
Os nenos que comezaron os obradoiros este luns 24 están a coñecer que é a Feira Franca e detalles da 'Alquimia na vida cotiá' e a semana pasada os rapaces inscritos na actividad divulgativa xa tiveron a oportunidade de meterse de cheo na proposta 'Ti, un gran alquimista'. 'Xogando coa alquimia' será a terceira e última proposta, que chegará ao CITA o 31 de agosto e o 1 de setembro.
Relacionadas:
-
En marcha un amplo dispositivo para garantir a seguridade durante a Feira Franca
Por Redacción |
-
Chega setembro e con el hai Feira Franca en Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
O Museo súmase á Feira Franca organizando uns talleres de heráldica
Por Redacción |
-
O recinto da Feira Franca, a exame
Por Redacción |
-
Abriu o prazo para os obradoiros infantís da Feira Franca
Por Redacción |
-
A alquimia, tema central para a próxima edición da Feira Franca
Por Redacción |