
CC BY-NC-SA PontevedraViva
O persoal de Treves decidirá o sábado se acepta o ERE

Por Anxo Lourido
Os traballadores de Treves manterán unha asemblea o vindeiro sábado 12 nos locais sindicais co obxectivo de tomar unha decisión sobre a postura que adoptan en relación co ERE que asumirán durante o presente ano.
CIG, sindicato maioritario na fábrica do Polígono do Campiño, anunciara que 2013 sería un ano conflitivo tras a ruptura das conversas para a negociación do ERE por parte da empresa. Pero, dende o sindicato UGT continuaron as conversas coa dirección e chegaron, nos últimos días, a un acordo apoiado por parte do persoal da empresa que fabrica materiais para o interior dos vehículos de Citroen. A CIG considera que ese acordo tomouse de maneira unilateral e o sábado na asemblea someterá a votación se existe apoio por parte de todos os traballadores a ese acordo ou, se polo contrario, comezan as protestas.
As conversas para a negociación do ERE rompéronse sorprendentemente cando existían poucas diferencias para chegar a un acordo entre o comité e a empresa.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Treves establecen condicións para negociar o ERE plantexado pola empresa
Por Redacción |
-
David Couñago, presidente do comité de empresa de Treves: "Vamos ter un 2013 conflitivo"
Por Anxo Lourido |
-
Rotas as negociacións para o ERE de Treves
Por Redacción |
-
Tréves negocia o ERE de 40 días para 2013
Por Redacción |