86 alumnos e unha moza de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Carmen Názara Besada é a única muller de Pontevedra de entre os 87 novos alumnos que este martes se incorporaron á Escola Naval de Marín para o inicio do curso 2015-2015.
Os aspirantes foron recibidos polo seu Comandante de Brigada e posteriormente, o capitán de navío Comandante Director da Escola Naval dirixiulles unhas palabras de benvida.
Carmen é de Sanxenxo e asegura que elixiu a carreira militar "por vocación y por gusto a todo lo que viene con ello". Dio sorrinte ao tempo que admite que na súa familia non hai tradición militar.
"Quien más me habló de la Escuela Naval fue mi padre por lo que vivió en la mili aquí", comenta Carmen.
Ela e os seus compañeiros teñen por diante cinco anos de carreira. Isto é así porque a Escola Naval tivo que facer un grao de 355 créditos en lugar dos 240 habituais. Ao final obterán dúas titulacións simultaneas: unha titulación militar propia como oficiais da Armada e unha segunda titulación de grao de enxeñaría mecánica outorgada pola universidade de Vigo.
Todos eles estarán en réxime de internado, de luns a venres alternando as clases con saídas ao mar, ao campo, gardas, servizos e diferentes comisións.
Por certo que sobre o feito de ser muller entende Carmen que "es algo que ya está superado entre los militares".
E é que se cumpren xa 26 anos dende que se incorporou a primeira muller ao Exército. Esther Yáñez González-Irún foi a primeira muller que ingresou na Armada española e tamén a primeira en estar á fronte dun barco de guerra.
Esther Yáñez ía facer a carreira de Medicina, pero, cando en 1988 as Forzas Armadas abriron as súas portas ás mulleres, cambiou de idea. Así con 18 anos foi a primeira muller estudante na Escola Naval de Marín.
Relacionadas:
-
A presidenta da Deputación visita a Escola Naval de Marín
Por Redacción |
-
O novo comandante director da Escola Naval, de visita polo Concello e a Deputación
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Visita oficial ao Concello do novo Comandante Director da Escola Naval
Por Redacción |
-
Última chamada para subirse a Elcano
Por Oskar Viéitez |
-
O Rei acode sen Letizia á entrega de despachos á primeira promoción universitaria
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
"Elcano", botábate de menos
Por Cristina Saiz |
-
A Escola Naval de Marín celebra a súa primeira promoción universitaria
Por Oskar Viéitez |