Ferida na colisión entre dous vehículos en Bora
Por Redacción
Unha muller resultou ferida e requeriu asistencia sanitaria a primeira hora deste xoves tras verse implicada nun accidente de circulación rexistrado ás 9.13 horas na parroquia pontevedresa de Bora.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112, o sinistro no que se viu implicada consistiu na colisión entre dous vehículos. Ela circulaba nun deles e queixábase dunha dor no peito.
O sinistro produciuse na estrada N-541 á altura do punto kilométrico 87. A Garda Civil de Tráfico foi a primiera en ter constancia do accidente e máis tarde trasladáronse ao lugar efectivos de Protección Civil de Pontevedra e unha ambulancia do 061.