O Concello repetirá o convenio coa Fanpa que permite as ludotecas de verán e Nadal
Por Redacción
O Concello de Pontevedra repetirá este ano o convenio que asinaba anualmente coa Federación de asociacións de nais e pais (Fanpa) de Pontevedra para que este colectivo puidera organizar as distintas ludotecas das épocas de verán e Nadal, das que se benefician 1.500 alumnos.
A concelleira de Educación, Carmen Fouces, xa avanzara a intención do Concello de refrendar o acordo coa Fanpa e este luns a Xunta de Goberno aprobou o citado convenio, que supón unha aportación económica municipal de 55.000 euros.
A voceira do Goberno local, Carme da Silva, indicou que o convenio entrará en vigor o 31 de agosto e terá unha duración dun ano, ata o 31 de agosto de 2016. Ao mesmo tempo, lembrou que para súa aprobación houbo que esperar a que a Xunta de Galicia dera o visto e prace para o mesmo, pois a Lei de racionalización e reforma da Administración local reduciu as competencias dos concellos en materia educativa e imposibilita que asuman calquera actuación a maiores das obras de conservación e mantemento de colexios.
O Concello asina coa Fanpa un convenio de 206.000 euros que permite a posta en marcha dos comedores escolares e o Plan Madruga, unha colaboración coa asociación de TDH, actividades coas familias e o propio funcionamento da Federación este segundo acordo de 50.000 euros que se destina ás ludotecas de verán e Nadal e ás bolsas de comedor.
Relacionadas:
-
As ludotecas de verán están no aire pola falta de acordo económico entre Concello e Fanpa
Por Manu Otero |
-
Pontevedra seguirá financiando as Anpas e garantirá a continuidade do servizo de comedor
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Pontevedra pide permiso á Xunta para seguir subvencionando as Anpas
Por Natalia Puga |