A pericia dos recortadores pecha os espectáculos taurinos
Por Redacción
Non entraba no abono taurino e iso notouse nas bancadas, menos poboadas que durante os días de feira, pero non quitou iso un chisco de emoción ao concurso de recortadores que pechaba o cartel dos espectáculos taurinos en Pontevedra.
Unha ducia de mozos participaron no concurso, no que se puideron ver recortes, saltos e piruetas para gozo do público presente.
Divididos en grupos, os recortadores enfrontáronse aos touros intentando convencer ao xurado co seu valor ao intentar achegarse o máximo posible ás hastas do animal antes de esquivalo de diferentes maneiras, todas elas de gran vistosidade e non exentas de risco.
O gañador da tarde segundo o veredicto do xurado foi o recortador Javier Edo.
Relacionadas:
-
"El Fandi" e Abellán repiten triunfo no barro ante unha afección entregada, xenerosa e reivindicativa
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Manuel Jesús "El Cid" substitúe a Francisco Rivera Ordoñez "Paquirri" tras a súa grave collida en Huesca
Por Ramiro Espiño |
-
Triunfo de "El Juli", grandes detalles taurinos de Morante de la Puebla e nova decepción de Ponce
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Estabas na Praza de Touros na primeira corrida da Feira Taurina? Búscate na nosa galería de fotos
Por Diego Torrado |