Unha moza resulta ferida ao perder o control do coche na Variante de Marín
Por Anxo Lourido
As dúas da tarde, unha moza condutora de arredor de 20 anos que circulaba pola VG- 4.4, perdía o control do seu vehículo cando circulaba en dirección a Bueu, procedente de Marín. O turismo saía da vía e impactaba contra o talude lateral. O Wolkswagen Polo que conducía a moza quedou despois en medio da vía completamente estragado.
A moza que viaxaba soa sofreu diversas contusións de carácter leve e foi trasladada por unha ambulancia ao Hospital montecelo. A condutora non acertou a explicar as causas polas que perdeu o control do vehículo cando circulaba por unha recta da Variante. Ata a zona desprazouse a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Marín.