21 empresas pontevedresas entraron en concurso no mes de decembro
Por Redacción
Na provincia de Pontevedra presentáronse 21 concursos de acredores durante o pasado mes de decembro.
En concreto, durante o pasado mes alcanzáronse 44 procesos en toda Galicia, un 33 por cento máis que o mesmo mes en 2011.
Pola súa banda, comercio e construción, con 12 e 8 concursos respectivamente, son os sectores máis afectados este mes na comunidade.
Por provincias, en primeiro lugar sitúase Pontevedra cos xa citados 21 concursos, séguelle A Coruña con 17; e Lugo e Ourense tres cada unha.
Galicia rexistrou en 2012 un total de 514 concursos empresariais, fronte aos 363 acumulados en 2011 o que supón un incremento do 42 por cento, segundo o Estudo sobre Evolución Mensual de Concursos publicado por Informa D&B, compañía do Grupo Cesce.
En 2012 rexistráronse 7.998 concursos empresariais en España, cifra que marca un máximo histórico anual e, ademais, está por encima dos 6.056 de ano anterior, segundo recolle o mesmo estudo.