Identificada unha veciña de Poio por substraer roupa nas rebaixas
Por Redacción
Unha veciña de Poio, de 43 anos de idade, foi identificada este mediodía por axentes da Policía Nacional tras sorprendela furtando varias pezas de roupa en rebaixas nun establecemento comercial de Pontevedra.
Segundo explican fontes da comisaría pontevedresa, a muller foi identificada a raíz do dispositivo policial especial, integrado por axentes uniformados e de paisano.
O feito tivo lugar sobre as 13.50 horas, cando axentes de paisano detectaron a presenza dunha muller nun establecemento comercial da rúa Benito Corbal que portaba unha mochila que tiña no interior dous pantalóns e un xersei, todo iso coas correspondentes etiquetas e dispositivos de alarma aínda incorporados.
A muller recoñeceu aos axentes subtraer a roupa nunha tenda próxima. As pezas sustraidas están valoradas en 45 euros.
Unha vez en dependencias policiais, os axentes fixéronlle entrega dunha cédula de citación para a celebración dun xuízo rápido por falta e informáronlle da obriga de presentarse ante a autoridade xudicial cando sexa citada para iso.