Técnicos do 061 trasladan ao Partido Socialista a súa oposición a construción de lombos en Montecelo
Por Redacción
Representantes da Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias (ASGATE) do servizo do 061 mantiñan unha reunión na mañá deste martes 11 co voceiro do grupo municipal do PSOE, que nas últimas horas tamén se reunía coa asociación de veciños de Moldes (Mourente), para analizar os problemas que levarían consigo as obras previstas no ámbito do Hospital de Montecelo.
O goberno municipal ten previsto construír once novos lombos nesa zona aos que se opoñen os técnicos e os representantes socialistas ao entender que atrasan a chegada das ambulancias ao centro sanitario, ademais de xerar graves inconvenientes para os profesionais que traballan no interior dos vehículos asistenciais coa posibilidade de incrementar o risco de lesións dos pacientes.
Segundo os responsables, a creación de lombos entre Montecelo e a AP-9 incrementou de 6 a 11 minutos o tempo de traslado de pacientes infartados, un tempo que, segundo os socialistas, pode supoñer a diferenza entre a vida ou a morte. Tamén na zona urbana o tempo medio de chegada das ambulancias ás chamadas de emerxencia pasou de 6 a 9 minutos.
Por este motivo, os socialistas e os técnicos entenden que se deben crear cinco vías sanitarias, que serían itinerarios libres de lombos entre Montecelo e as principais vías de comunicación, ademais de cos outros dous hospitais da cidade e co centro de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Técnicos de ambulancias alertan de 46-48 lombos que "perjudican" o seu traballo, segundo o PP
Por Natalia Puga |
-
O PSOE propón a eliminación ou rebaixa de 49 lombos para crear cinco vías de ambulancias a Montecelo
Por Redacción |
-
O PP quere que as ambulancias teñan un corredor libre de 'lombos' para chegar a Montecelo
Por Redacción |
-
O Concello estuda medidas para eliminar aparcadoiros irregulares en Montecelo
Por Redacción |