Manuel Jesús "El Cid" substitúe a Francisco Rivera Ordoñez "Paquirri" tras a súa grave collida en Huesca
Por Ramiro Espiño
O cartel da terceira de feira taurina da Peregrina verase modificado debido á grave collida sufrida por Francisco Rivera Ordoñez "Paquirri" este luns, mentres lidaba o seu segundo touro na praza de Huesca. O destro sufriu unha cornada de prognóstico "moi grave" que lle produciu importantes danos no baixo ventre, segundo o parte médico que se fixo público o luns pola noite tras ser intervido durante unhas tres horas na propia praza de touros e permanece ingresado na UCI do hospital San Jorge da cidade maña.
Segundo o parte médico, o toureiro sofre "herida por asta de toro en región supra púbica y fosa ilíaca derecha con una trayectoria transversal de unos 25 centímetros hacia la izquierda con desgarro de la musculatura de la pared abdominal, que atraviesa el músculo oblicuo mayor y el transverso del abdomen. Penetra también en cavidad abdominal y contunde la arteria ilíaca, diseca colón ascendente y llega al espacio retro peritoneal; desgarrando el músculo psoas, disecando la aorta y alcanzando el cuerpo vertebral de L3. Pronóstico muy grave que le impide continuar la lidia".
Francisco Rivera Ordoñez compartía cartel con quen ía ser o seu compañeiro o próximo sabado en Pontevedra, David Fandila "El Fandi", testemuña dunha collida que fixo temer o peor para a vida do toureiro.
Rapidamente, os responsables da praza pontevedresa comezaron as xestións para buscar un substituto na terna da terceira de feira, tendo en conta ademais a dificultade da data, 15 de agosto, precisamente o día en que máis corridas se lidan en todo o territorio, o que fai que sexan poucos os toureiros con dispoñibilidade nesa data. Será Manuel Jesús "El Cid", quen desta forma regresa ao coso pontevedrés, que estivese a vez anterior para lidiar os touros de Victorino Martín
Inicialmente o representante da empresa, Eduardo Lozano, pensou en Cayetano Rivera, irmán do matador collido, que declinou a oferta por non querer substituír o seu propio irmán no cartel, especialmente tendo en conta o seu estado de gravidade.
Logo as xestións encamiñáronse cara a un toureiro con bo cartel en Pontevedra, como Antonio Ferreras, que ademais podía dar un bo espectáculo no terzo de banderillas, xunto a "El Fandi". Tampouco aceptou. As relacións entre ambos os dous matadores non pasan polo seu mellor momento, precisamente dende a última vez que coincidiron no coso de San Roque, polo que dende entón intentar evitarse nos carteis.
Tamén se barallou a posibilidade de converter a corrida nun man a man entre "El Fandi" e Abellán, opción descartada por pensar que quizais unha parte da afección non o acollería de bo grao entendendo que se lles privaba da presenza dun terceiro espada.
Finalmente a decisión quedou entre Manuel Díaz "El Cordobés" e Manuel Jesús "El Cid", decidíndose por este último ao pensar que tería un mellor tirón entre os afeccionados, e dado que as últimas presenzas de "El Cordobés" non resultaron precisamente un éxito.
Relacionadas:
-
A pericia dos recortadores pecha os espectáculos taurinos
Por Redacción |
-
"El Fandi" e Abellán repiten triunfo no barro ante unha afección entregada, xenerosa e reivindicativa
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A xuventude de Leonardo Hernández triunfa onde non poden as figuras consagradas
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Triunfo de "El Juli", grandes detalles taurinos de Morante de la Puebla e nova decepción de Ponce
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Estabas na Praza de Touros na primeira corrida da Feira Taurina? Búscate na nosa galería de fotos
Por Diego Torrado |
-
Colas nos despachos do coso de San Roque para adquirir entradas
Por Cristina Saiz |