Antes de que o inverno veña enriba... chega a Semana Grande das Festas da Peregrina
Por Redacción
O triatleta Javier Gómez Noya, pontevedrés de adopción e figura de talle mundial na súa especialidade deportiva, abrirá este sábado 8 ás 12.00 horas na praza da Pedreira, dende o balcón do Pazo de Mugartegui, a Semana Grande das Festas da Peregrina. A partir dese momento, preto de setenta iniciativas encherán de actividades as rúas da cidade destinadas aos miles de visitantes que se achegan polo municipio nesta segunda semana do mes de agosto.
Ás 13.15 horas desta mañá tamén se realizará a tradicional ofrenda floral á Virxe Peregrina. A comitiva partirá da Praza de España, percorrendo a rúa Michelena ata chegar ao santuario onde se desenvolverá o acto relixioso.
O Pazo da Cultura acollerá a partir das 14.00 horas, unha nova entrega dos premios Amigos de Pontevedra, que nesta edición irán destinados ao presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, Luis Campos Villarino, ao fundador da Festa do Caldo, Santiago Laya e ao presidente do Gremio de Mareantes, José Luis Arellano, ademais do Colexio de Avogados, a empresa Hifas da Terra, o Bar Pitillo e o grupo Black Stones, que recibirán o galardón de entidades, pola súa importante traxectoria.
A primeira corrida de touros será a partir das 19.00 horas coa participación dos destros Enrique Ponce, Morante de la Puebla e Julián López "El Juli". O ambiente estará marcado pola festa das penas nas rúas do centro histórico e pola manifestación que percorrerá o centro da cidade ás 20.00 horas en contra da celebración do festexo taurino.
A partir das 22.30 horas comezará o concerto gratuíto na praza de España coa participación do grupo pontevedrés Jhonander e da banda asturiana de power metal WarCry.
A xornada finalizará, durante a media noite, coa tirada de fogos artificiais dende a avenida das Corbaceiras.
Relacionadas:
-
As Festas de Verán botan o fecho cun balance de miles de asistentes e escasas incidencias
Por Natalia Puga |
-
Milleiros de persoas seguiron o espectáculo pirotécnico das Corbaceiras
Por Diego Torrado |
-
Ofrenda floral á Virxe Peregrina sen petición política
Por Cristina Saiz |
-
Gómez Noya abre as festas da Peregrina: "Ir por diante nunha carreira é moi semellante ao que fai Pontevedra no mundo"
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Quen estará pendente da seguridade nas festas da Peregrina durante a troula?
Por Redacción |
-
Jhonander, a banda pontevedresa que abrirá o escenario principal das festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Javi Gómez Noya, pregoeiro das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |