O presunto parricida de Moraña volve aos xulgados para novas probas e segue sen declarar

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
O presunto parricida de Moraña, David Oubel, regresou este xoves ao Xulgado de Caldas para efectuar unha dilixencia considerada polo xulgado "imprescindible e urxente" da que non se facilitaron detalles debido ao segredo que pesa sobre as actuacións. A pesar de estar en sede xudicial, non prestou declaración, de modo que, seis días despois dos feitos, segue sen dar a súa versión do que aconteceu na súa vivenda do Casal o 31 de xullo. En días pasados acolleuse ao seu dereito a non declarar tanto no xulgado como ante a Garda Civil.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) quixo aclarar que non se trata de ningunha proba psiquiátrica ou psicolóxica, e que se levou a cabo coa colaboración do imputado, de modo que outras fontes indican que se trataría dunha proba de ADN.
A proba psiquiátrica si foi solicitada, pero non se practicou este xoves. O imputado xa foi trasladado á Unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra o propio día do crime, o 31 de xullo, para un primeiro exame, pero descoñécese se lle chegaron a facer algunha valoración.
A David Oubel avaliaráselle a este nivel pola crueldade asociada a este dobre asasinato, que o propio fiscal, Alejandro Pazos, confirmou en días pasados que o crime é "espeluznante" e chego de "crueldad". O único imputado presuntamente matou as súas fillas cortándolles o pescozo e causándolles graves lesións cunha radial adquirida o día anterior. Logo, intentou suicidarse na bañeira da mesma casa e todo por presunta vinganza contra a súa ex muller e nai das pequenas, Rocío V.T.
O imputado chegou aos xulgados arredor das 10.00 horas desde xoves entre estritas medidas de seguridade para evitar os incidentes que se produciron o sábado, cando foi posto a disposición xudicial e enviado a prisión. Aquel día numerosos veciños concentráronse nas inmediacións e increpárono e intentaron agredilo. Este xoves cinco patrullas da Garda Civil reforzaron a seguridade na zona, pero non puideron evitar que unha vintena de veciños o despedisen á súa saída do xulgado, sobre as 11.45 horas, ao berro de "asesino" ou "cabrón" e pedindo "Justicia".
Nas próximas horas David Oubel será trasladado ao centro penitenciario de León unha vez que se constatou que no cárcere da Lama, en Pontevedra, onde permanece dende o sábado, houbo ameazas contra a súa persoa. O TSXG aclarou que o xulgado non autorizou ningún traslado, xa que estas decisións son competencia exclusiva de Institucións Penitenciarias, quen o pon en coñecemento do xulgado, pero non solicita autorización.
Relacionadas:
-
O parricida de Moraña drogou ás súas fillas antes de matalas cunha radial para evitar que se defendesen
Por Natalia Puga |
-
Pedirán prisión permanente revisable para o parricida de Moraña: "Ese asesino tiene que tener esa condena"
Por Redacción |
-
Os veciños de Moraña e Campo Lameiro lembran con dor as nenas Candela e Amaia
Por Mónica Patxot |
-
A investigación do crime de Moraña avanza con testemuños "relevantes" da familia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A nai das nenas asasinadas en Moraña fai un chamamento á tranquilidade e a confiar na Xustiza
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Prisión para o presunto parricida de Moraña
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Un crime por presunta vinganza que remata con dúas nenas de 4 e 9 anos degoladas
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |