Dúas persoas intoxicadas pola mala combustión dunha caldeira nos Praceres
Por Redacción
Dúas persoas foron trasladadas ao Hospital Montecelo sobre as 6.00 horas da madrugada deste mércores por unha intoxicción por monoxido de carbono sufrida na súa propia vivenda dos Praceres.
Segundo informaron os Bombeiros de Pontevedra, están por determinas as causas exactas da intoxicación pero todo parece apuntar a que o incidente tivo a súa orixe na mala combustión do quentador que regula a calefacción da vivenda.
Os dous intoxicados son os dous únicos moradores do domicilio, unha vivenda unifamiliar situada no número 9 do lugar de Cabo desta parroquia pontevedresa.
As persoas afectadas puideron alertaron do sucedido por si mesmas. Deron aviso do sucedido ao Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112, que derivou á vivenda ao Corpo de Bombeiros, a Policía Local e o 061.
Cando chegaron os bombeiros as dúas persoas intoxicadas xa foran trasladadas ao hospital e na vivenda había un forte cheiro a gas. Procederon a airear a vivenda, xa que a zona da cociña e do quentador deron niveis "moi elevados" de monóxido de carbono.