Louro sobre o ARI do Centro Histórico: "A Xunta faltounos ao respecto"
O tenente de alcalde do Concello de Pontevedra, Antón Louro, celebrou a declaración do Centro Histórico de Pontevedra como área de rehabilitación integral, recordando que esta é unha iniciativa do PSOE "compartida por todo el gobierno municipal". Pero acto seguido pediu á Xunta de Galicia "que sea respetuosa con las instituciones y que antes de informar a candidatos que informe a las instituciones".
E é que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, comunicou a noticia por correo electrónico ao grupo de goberno capitalino, tras informar personalmente nunha reunión ao voceiro municipal do PP, Jacobo Moreira. Louro, que admitiu coñecer a noticia a través de PontevedraViva, dixo estar sorprendido polas formas da Consellería "una práctica institucional que se califica por si misma".
"Cuando una institución falta al respeto a otra o cuando valora más al grupo de la oposición que al propio gobierno está trabajando en direción contraria al respeto institucional", sentenciou.
O correo electrónico enviado ao Concello para informar da decisión é das 11.35 horas, "después de comunicárselo a los medios y de anunciarlo en la web del IGVS"
Segundo puido saber PontevedraViva de fontes municipais, o malestar do goberno local débese a que o oficio polo que se aproba o ARI leva a firma do conselleiro "y está sellado en la Xunta a las 09.12 horas", mentres que o correo electrónico enviado ao Concello para informar da decisión é das 11.35 horas, "después de comunicárselo a los medios y de anunciarlo en la web del IGVS".
Desde o Concello aseguran que o persoal técnico da Oficina de Rehabilitación preguntou na Xunta de Galicia "hace dos días por este asunto y se le dijo que no había novedad, que la parte técnica estaba acabada y estaban esperando la resolución política". Recordan ademais que se enviou toda a documentación "hace más de un año y la dieron por buena", tras o cal pediron correccións menores verbalmente, remitidas o pasado mes de agosto.
O PP non entende o malestar municipal
Pola súa banda, o voceiro municipal do PP, Jacobo Moreira, que foi informado durante a entrevista co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, valorou positivamente esta declaración de ARI ao Centro Histórico "porque conseguimos revitalizar toda esta zona con una inversión a largo plazo muy importante para Pontevedra".
Ademais, Jacobo Moreira destacou que, en segundo lugar, créase volume de negocio na construción, "porque estamos viendo que en Pontevedra apenas se dan licencias para viviendas nuevas, lo que indica que el sector debe apostar por la rehabilitación de edificios".
O portavoz popular, que dixo non entender as críticas do goberno local ante o anuncio do ARI, aproveitou para indicar que esta declaración "es una apuesta más del gobierno del PP con Pontevedra", fronte aos investimentos realizados polo bipartito, reducidas, segundo Moreira, "a una rotonda en O Marco".