As comunidades de montes presentarán un Plan Director para a mellora do Lago de Castiñeiras
Por Oskar Viéitez
Representantes das comunidades de montes San Martiño de Vilaboa, Santo Tomé de Piñeiro e Santa Cristina de Cobres acudiron este venres a delegación territorial da Xunta para abordar as melloras que se van a executar no entorno do Lago de Castiñeiras.
Na reunión participaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, a tenente alcalde de de Vilaboa, Olalla Fernández, os xefes territoriais de Medio Rural e do Mar e Medio Ambiente, así como responsables de Cultura e Turismo.
Segundo se acordou na reunión, os representantes das comunidades do Lago de Castiñeiras remitirán á Delegación Territorial o Plan Director dun proxecto que busca a posta en valor da zona para a súa análise en profundidade por parte da Xunta de Galicia.
O documento que se vai enviar consiste nun plan que ten o obxectivo mellorar este paraxe natural desenvolvendo diferentes iniciativas turísticas, medio ambientais e de ocio no que plantexaron a intervención a Deputación de Pontevedra e os concellos de Marín e Vilaboa, así como diversas entidades privadas.
Durante a reunión tratáronse aspectos como a posibilidade de recuperar os asadores, establecendo métodos de protección e con persoal equipado para controlar o seu uso ou o impulso do que sería o primeiro gran xardín botánico de Galicia. Tamén se falou da posible recuperación do miradoiro de Cotorredondo, da proposta de continuidade a través dun convenio a trinta anos do Centro de Recuperación de Fauna, do actual funcionamento da Aula da Natureza con rutas guiadas para coñecer a zona en profundidade e da recuperación da senda das Mámoas de 9 km.
Nos próximos días un técnico acudirá ao Lago de Castiñeiras para analizar as perdas de auga no Lago, xa que ademais do seu valor medioambiental tamén se trata de un punto clave durante o verán para carga de auga nos helicópteros de servizo de extinción de incendios forestais.
Relacionadas:
-
Inician as obras dos novos asadores do Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Xa está aquí o plan de mellora da contorna do Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Comezan os traballos de adecentamento de Lago de Castiñeiras sen o apoio das administracións públicas
Por Redacción |
-
Volverán as barbacoas ao lago Castiñeiras?
Por Redacción |
-
A Fundación Lago de Castiñeiras preséntase en sociedade cunha "xuntanza"
Por Oskar Viéitez |