A nova Deputación comprométese a revisar o contrato con Linorsa antes da súa adxudicación
Por Diego Espiño
Nas súas primeiras horas á fronte da Deputación de Pontevedra, o novo goberno provinicial encabezado por Carmela Silva interveu no seu primeiro conflito, o que manteñen aberto os traballadores da empresa de limpeza Linorsa, encargada deste servizo na Cidade Infantil Príncipe Felipe.
Unha representación dos empregados e delegados sindicais protagonizaron unha concentración a primeira hora da mañá deste luns ante o Pazo Provinicial á que se achegou a presidenta da institución.
Tras unhas breves verbas e despois de que o pasado sábado os traballadores solicitasen unha entrevista co novo goberno, este encontro produciuse pola tarde, sendo o deputado Santos Héctor o encargado de escoitar as demandas dos manifestantes.
O que piden os empregados é que Linorsa manteña os 17 postos de traballo a tempo completo que figuran no prego de condicións dun contrato de adjucación que debe asinarse antes do próximo venres. Non obstante, segundo o sindicato Comisións Obreiras, a empresa despediu unha traballadora e reducido a xornada a outras.
Segundo explicou o secretario comarcal de CC.OO., José Luis García Pedrosa, a Deputación entende agora "que a empresa ten que aceptar a subrogación", polo que se comprometeu a falar cos responsables de Linorsa.
Malia ese compromiso verbalizado por Santos Héctor, o deputado socialista expresou as dúbidas sobre quen debe ocuparse deste asunto, toda vez que Príncipe Felipe é competencia dos seus socios de goberno. Por ese motivo indicou que tamén dialogaría co voceiro nacionalista na admisitración provincial, César Mosquera.
Relacionadas:
-
A Deputación sancionará a Linorsa se non paga ás traballadoras
Por Redacción |
-
Traballadores de limpeza dos centros de saúde iniciarán actos de protesta por impago
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
CC.OO. estuda denunciar á Deputación ante a Fiscalía por malversación de diñeiro público ao contratar Linorsa
Por Anxo Lourido |
-
CCOO denuncia un "concurso-trampa" na adxudicación da limpeza na Cidade Infantil Príncipe Felipe
Por Anxo Lourido |