CC.OO. estuda denunciar á Deputación ante a Fiscalía por malversación de diñeiro público ao contratar Linorsa
Por Anxo Lourido
O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) reclamará ao novo goberno da Deputación provincial que estableza solucións en relación á situación que atravesan os traballadores de Linorsa, a empresa adxudicataria do servizo de limpeza da Cidade infantil Príncipe Felipe ao entender que está a realizar irregularidades para reducir o persoal, en contra do o cal se recollía nas bases do concurso, e obter máis beneficios económicos. A central sindical denuncia que, tras gañar o concurso de adxudicación, Linorsa tería que asumir a subrogación de 17 traballadores. Non obstante, a empresa de limpeza premeu as traballadoras para que reducisen a súa xornada laboral, segundo o sindicato. Ao non o lograr, despediron a unha das traballadores alegando baixo rendemento, unha decisión que, segundo o secretario comarcal de CC.OO., José Luis García Pedrosa, contradí a opinión dos principais responsables do Centro que se mostraron dispostos a testificar a favor da traballadora.
Ante esta situación, o sindicato considera que se está a incorrer nunha malversación do caudal público ou nun delito de suborno. Por este motivo, os representantes sindicais estudan a posibilidade de presentar denuncia ante a Fiscalía ou a través do xulgado do Penal.
José Luis García Pedrosa culpa deste problema o equipo de goberno da Deputación, encabezado por Rafael Louzán, que abandona este venres o cargo. O sindicato ten previsto reunirse estes días cos novos cargos para que falen coa empresa e busquen unha solución.
Ademais, continuarán cos actos de protesta e, desta forma, o luns 20 ás 11.00 horas os traballadores protagonizarán unha protesta ante a Deputación provincial.
Relacionadas:
-
Traballadores de limpeza dos centros de saúde iniciarán actos de protesta por impago
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A nova Deputación comprométese a revisar o contrato con Linorsa antes da súa adxudicación
Por Diego Espiño |
-
CCOO denuncia un "concurso-trampa" na adxudicación da limpeza na Cidade Infantil Príncipe Felipe
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores de Linorsa ameazan con protestas se non se lles aboa a totalidade dos seus salarios
Por Oskar Viéitez |