Un acusado de abusar da filla de seis anos da súa noiva cualifica de "mentira" a denuncia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
"Es mentira". Así se defendeu este martes o mozo de Valga José Daniel B.B., acusado de abusos sexuais continuados á filla da que no ano 2014 era a súa noiva, unha nena de seis anos da que presuntamente abusou tanto no sofá coma na cama no domicilio que compartía a parella en Caldas de Reis. A Fiscalía pide que sexa condenado a catro anos e seis meses de prisión e á prohibición de aproximarse a menos de 300 metros da nena ou comunicarse con ela durante seis anos, pero a súa avogada defensora mantén a súa inocencia e chama a atención sobre as contradicións nas que incorreron a nai e a tía da presunta vítima nas súas declaracións.
O procesado, de 33 anos, e a súa parella tiñan un fillo común de dous anos e ela tiña unha filla de seis anos dunha relación anterior. Os catro convivían cando no primeiro trimestre do ano 2014 presuntamente sucederon os feitos. O home non traballaba e a súa parella de feito si, de modo que era el quen se encargaba de levar á nena ao colexio e pasaba moito tempo a soas cos dous menores.
Os feitos saíron á luz cando a nena lle relatou á súa tía e irmá da súa nai que esa mañá José Daniel abusara dela. A continuación, trasladoullo á nai e ambas as dúas preguntáronlle o acusado no salón da casa. As mulleres relataron este martes como testemuñas no xuízo celebrado na Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra e explicaron que nese momento el non negou os abusos, senón que "se calló, no dijo nada y siguió tomando el café".
Ao respecto, o procesado recoñeceu que non o negou, senón que "estuve callado, nada más". Este martes, un ano máis tarde, si asegura con rotundidade que todo é mentira e que el non realizou ningún dos abusos que se lle atribúen. Segundo explicou durante a súa declaración ante o tribunal, non encontra ningunha explicación á acusación que formulan contra el e xa naquel momento suxeriu á familia da nena que a levaran a un psicólogo.
La fiscal recuerda a la madre de la menor, ante la falta de detalles de su declaración: "Los hechos o no son nada o son muy graves"
A menor declarou a porta pechada na sala de vistas da Audiencia Provincial e non transcendeu o contido do seu relato, pero tanto a súa nai coma a súa tía indicaron que a nena lles relatou como el abusara dela no sofá e, posteriormente, o confirmou ante a asistenta social e os forenses. Na súa declaración, a nai e ex noiva do acusado non entrou en detalles dos feitos, actitude que levou á fiscal, Ana Rivas, a recordalo que "los hechos o no son nada o son muy graves".
Os peritos que fixeron informes sobre a nena e o procesado deron credibilidade ao relato da nena, do que aseguran que "es creíble". "Da muchos detalles que nos indican que es creíble", sostivo unha das peritos, que engadiu que a nena "no nos pareció" que a menor fose influenciable e que mesmo cando lle fixeron o exame á menor ela engadiu detalles que non lle dera á súa nai e a súa tía, como foi que antes de abusar dela no sofá tamén o fixera na cama.
O procesado presenta un lixeiro atraso mental ou psíquico que unha forense asegurou que non limita dunha forma significativa as súas facultades intelectivas e volitivas para comprender a ilicitude destes feitos e para actuar conforme a esa comprensión previa. As peritos tamén indicaron que á menor non lle quedou ningunha tara ou secuela psicolóxica ou psíquica apreciable derivada dos feitos relatados.