"Elcano", botábate de menos
Por Cristina Saiz
Este luns atracou no Peirao de Torpedos da Escola Naval de Marín o Juan Sebastián Elcano.
O buque escola acode puntual á súa cita co acto da entrega de despachos e a xura de bandeira dos alumnos de primeiro curso.
Ao compás da Banda de Música da Escola, en terra recibiron ó barco familiares e amigos dos Guardiamarinas así como o batallón de alumnos e os oficiais profesores co Comandante Director á fronte.
O buque da Armada Española poderá ser visitado polo público durante os días 14, 15 e 16 de xullo. Os dous primeiros, os visitantes poderán acceder ao barco entre as 10 e as 13 horas, e de 16 a 20 pola tarde. O día 16, día do Carme, o navío poderá ser visitado unicamente pola tarde, en horario de 16 a 20 horas.
Relacionadas:
-
O buque-escola 'Juan Sebastián de Elcano' regresa a Marín
Por Redacción |
-
86 alumnos e unha moza de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Última chamada para subirse a Elcano
Por Oskar Viéitez |
-
O Rei acode sen Letizia á entrega de despachos á primeira promoción universitaria
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A Escola Naval de Marín celebra a súa primeira promoción universitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Vémonos o Día do Carme en Marín
Por Redacción |