Perfecto Rodríguez reivindica a súa xestión no saneamento do barrio de Avecil, en Cuñas
Por Redacción
Perfecto Rodriguez e Francisco Regueira, membros do grupo municipal do PP de Ponte Caldelas visitaron as obras de saneamento en Avecil que se está a levar a cabo neste barrio do lugar de Cuñas. Esta obra foi aprobada e contratada polo Concello na primeira metade deste ano durante o mandato de Perfecto Rodriguez como alcalde do municipio e na que o Concello inviste preto de 82.000 euros.
Ao tratarse dunha obra proxectada durante a súa etapa coma alcalde Perfecto Rodriguez quixo supervisar sobre o terreo a execución desta obra que permitirá levar o servizo de saneamento a 25 vivendas que carecen deste, tal e como se comprometera cos veciños desa zona a finais do pasado ano.
Perfecto Rodríguez recordou que entre os anos 2011 e 2015 se conseguiu levar o saneamento á maior parte do lugar de Cuñas en distintas fases, construíndo tamén unha depuradora. O investimento total no saneamento de Cuñas nestes anos ascende a case 400.000 euros.
Os integrantes do grupo popular en Ponte Caldelas recordaron tamén que nos 12 anos de mandato de Perfecto Rodriguez como alcalde se investiron máis de 3 millóns e medio de euros en saneamento nas parroquias do rural, conseguindo dotar deste servizo aos núcleos de Caldelas, Pazos, Cuñas, Tourón, Vilarchán, Silvoso, Gradín, Paradela, e este último ano Taboadelo, Buchabade e A Reigosa.
Relacionadas:
-
O alcalde de Ponte Caldelas pide á Xunta unha fórmula para evitar a instalación dun crematorio na Reigosa
Por Redacción |
-
Indignación do goberno de Ponte Caldelas polos fallos dunha obra herdada de Perfecto Rodríguez
Por Redacción |
-
Inician as obras do saneamento no barrio de Avecil en Cuñas
Por Redacción |
-
Máis de 80.000 euros para sanear Avecil en Ponte Caldelas
Por Redacción |