SOS Panadeira denuncia ante a Garda Civil a limpeza dos barcos no porto de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
A plataforma cidadá SOS Panadeira denunciou ante o Seprona da Garda Civil e o servizo de Medio Ambiente o suposto delito ambiental que, ao seu xuízo, comete o porto deportivo Juan Carlos I coa limpeza dos barcos.
Na denuncia explican que as embarcacións son subidas por unha grúa para ser limpadas "a presión e con produtos biocidas", que entenden contaminantes e nunhas circunstancias inapropiadas xa que "se requiren unhas condicións determinadas: canaleta perimetral, depuradora (en uso) e utilización responsable dos espazos fráxiles con barreiras de contención se se requirisen".
Os representantes de SOS Panadeira piden ás autoridades que revisen as gravacións das cámaras do Porto para comprobar os feitos denunciados.
Ademais dirixíronse ás concellarías de Seguridade Cidadá e de Medio Ambiente para que comprobe "o estado da depuradora", para determinar "se funcionaba nese momento, así como que ningún resto de pintura ou sucidade caese ao mar".
Os voceiros de SOS Panadeira afirman que "acudimos boquiabiertos" a "limpezas continuas" de peiraos con máquina a presión "durante horas coa aplicación de produtos" e "a menos de dous metros das cabezas dos bañistas" un feito que cualifican como "aberrante".
MOTOS DE AUGA
Finalmente esta plataforma inclúe entre as súas queixas os movementos de motos de auga "atracadas nunha zona non habilitada para amarre segundo o proxecto do Real Club Náutico de Sanxenxo".
Relacionadas:
-
O goberno local analiza con SOS Panadeira a situación da praia dos Barcos
Por Redacción |
-
Consumo arquiva provisionalmente a denuncia de SOS Panadeira contra a venda de atraques
Por Redacción |
-
SOS Panadeira esixe ao PP a destitución de Jose Juan Durán como presidente de Portos de Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
Chegan á Comisión Europea as reivindicacións de SOS Panadeira
Por Redacción |