BNG e PSdeG-PSOE pactan a organización do Concello de Barro entre reproches do PP
Por Redacción
BNG e PSdeG-PSOE aprobaron este venres a constitución do novo goberno bipartito que rexerá os destinos do municipio durante os próximos catro anos. Os seus seis concelleiros avalaron a organización que nacionalistas e socialistas negociaron durante os últimos días e que outorgará ao alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a única dedicación exclusiva que terá o executivo municipal.
Fernández Abraldes percibirá 30.000 euros brutos ao ano, uns 1.600 euros ao mes, mentres que cada concelleiro cobrará 100 euros por asistencia aos plenos, 50 euros pola comisión de goberno e 30 euros por cada comisión informativa.
O Partido Popular, encabezado polo exalcalde José Antonio Landín Eirín, votou en contra desta proposta. Entenden os populares que o novo goberno será moito máis caro que o anterior que, recordou, aboaba 15.000 euros ao alcalde e outro tanto ao resto de concelleiros.
Neste novo goberno municipal, Abraldes será responsable de Urbanismo, Persoal e Facenda. Roberto Rivas farase cargo de Cultura, Festas, Patrimonio e Medio Rural; Amelia Cancela, xestionará Benestar Social, Educación e Sanidade, e Antonio Giráldez farase cargo de Deportes.
En canto ao PSdeG-PSOE, José Sanmartín será o primeiro tenente de alcalde e asume as áreas de Obras e Servizos, mentres que Lía Rodríguez encargarase de Promoción Económica, Emprego e Turismo.
Relacionadas:
-
Abraldes reitera a Fomento a necesidade de mellorar a seguridade viaria na N-550
Por Redacción |
-
O Pleno de Barro ratificará o reparto de áreas do goberno bipartito BNG-PSOE
Por Oskar Viéitez |
-
Pleno 'histórico' en Barro: Abraldes (BNG), novo alcalde tras 32 anos de goberno do popular Landín Eirín
Por Alejandro Espiño |