Dragados urbanizará a Avenida Luis Rocafort por un millón de euros
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra adxudicou provisionalmente a obra de urbanización da Avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo, á empresa Dragados SA en 902.917 euros e un prazo de execución de seis meses.
Na rolda de prensa logo da xunta de goberno o vicepresidente da institución provincial, José Manuel Figueroa, informou que a adxudicación tivo lugar unha vez que ao concurso convocado se presentaran 24 empresas e pasaran o correspondente corte 18. O proceso está pendente de que a firma adxudicataria presente a fianza pertinente.
Esta obra na avenida Luis Rocafort será a actuación urbanística máis importante das efectuadas no casco urbán de Sanxenxo pois resaltará de xeito moi significativo a entrada principal á vila e á praia de Silgar. Para eso, actuaráse sobre todo o dominio público ata os 24 metros de ancho e, en puntos concretos, negociaráse cos veciños.
O proxecto inclúe a completa urbanización entre o Paseo de Silgar e a rúa Arnelas. O tramo entre esta rúa e a Glorieta da EP PO-308 será urbanizada no futuro e creará un paso soterrado na rotonda fronte á Estación de Autobuses. A obra incluirá a renovación total dos servizos municipais que na actualidade se atopan moi deteriorados.
Realizaráse unha urbanización integral de 600 metros da rúa de entrada principal a Sanxenxo e á praia de Silgar que incluirá a pavimentación e sinalización da calzada; colocación de beirarrúas en todo o percorrido; instalación dunha nova rede de alumeado público e a canalización separada de augas residuais e pluviais. Ademais, instalarase mobiliario urbano e zonas axardinadas que agora non existen e crearáse un itinerario peatonal accesible con aceras de 1,80 metros.
Nun futuro estes traballos completaranse cunha segunda actuación consistente na creación dun paso soterrado á altura da rotonda situada fronte á Estación de Autobuses.
Coas obras, a rúa terá un único carril por sentido de circulación de 3,25 metros de ancho e beiravías de 0,25. Os aparcamentos serán en liña ou oblicuos.
Relacionadas:
-
Estudan ampliar a toda a rúa a reforma prevista na avenida Luis Rocafort
Por Redacción |
-
Louzán presenta a actuación da Avenida Luis Rocafort en Sanxenxo
Por Redacción |
-
24 empresas presentan ofertas para a obra de urbanización da avenida de Luis Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
Licitan por 1,1 millóns de euros unha obra para desconxestionar o tráfico de entrada a Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Deputación aproba a licitación da urbanización da Avenida Luis Rocafort
Por Redacción |