Os comuneiros, "perplexos" co convenio polo que a Brilat vixía os montes en prevención de incendios
Por Redacción
Os comuneiros galegos decláranse "perplexos" ante o convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Defensa para a colaboración do Exército na campaña de loita contra os incendios forestais, polo que cada ano a Brigada de Infantería Lixeira (Brilat) realiza tarefas de vixilancia e prevención.
Ao respecto, critican que "o persoal do exército, persoal asalariado, que tería que actuar ao servizo da cidadanía coas retribucións que percibe, ven participar en Galicia como se estivese nunha misión especial en algún país en conflicto".
A través dun comunicado, a Organización Galega de Comunidades de Montes critica que no momento actual de paro e ante as necesidades económicas de moitas familias, a Xunta lle entrege ao Exército máis de 600.000 euros. Así, a Xunta destina un orzamento de 570.000 euros a esa finalidade, dentro do nivel de risco medio, incrementándose esa cantidade en función dos despregamentos e repregamentos que foran necesarios en risco alto ou moi alto.
Na súa opinión, resulta contradictorio que na Consellería do Medio Rural e do Mar digan publicamente que contan con todo un dispositivo propio incluído no Pladiga, suficiente para facer fronte as incidencias en materia de lumes forestais, e asinen este convenio.
Os comuneiros tamén fan un chamamento á reflexión sobre as posibilidades que ofrecerían esas cantidades do convenio con Defensa noutro tipo de inversións. Segundo os seus cálculos, con eses fondos poderíanse rozar as marxes de 2.000 quilómetros de pistas e camiños ou ampliar a contratación de 150 persoas por tres meses, dando como resultado 30 brigadas de cinco persoas.
Relacionadas:
-
A Brilat desprega drons na loita contra os incendios
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Os soldados da Brilat dan 50 avisos no seu primeiro mes de operación contra os incendios
Por Redacción |
-
Os militares da Brilat inician o seu despregamento polos montes galegos
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Defensa e a Xunta asinan o convenio para a vixilancia dos montes, que comeza o martes
Por Natalia Puga |