Man tendida do PP ao resto da oposición para crear unha fronte "propositiva" contra o BNG
Por Alejandro Espiño
Hai asuntos "transcendentales" para Pontevedra que, segundo o Partido Popular, o goberno municipal non quere afrontar. Por iso, os populares tenderon a man este xoves ao resto de grupos da oposición para crear unha fronte común e obrigar o BNG a abordar todas estas cuestións. "Vamos a iniciar contactos con todos los grupos para sentarnos y poner en común asuntos relevantes para la ciudad", avanzou Jacobo Moreira.
O voceiro dos populares afirmou que nas pasadas eleccións os pontevedreses "decidieron que gobernase el BNG", pero tamén que "no haya mayoría absoluta", polo que cre que a oposición á parte de fiscalizar a xestión do goberno, debe adoptar unha postura "propositiva". Moreira entende que en moitas medidas propostas polo PP "coincidimos" co resto de partidos, polo que cre que é hora de consensuar unha estratexia.
"Se trata de ver los asuntos en los que coincidimos y respetar el aval que nos han dado los pontevedreses", explicou o líder popular. "Creo que si hay puntos que el gobierno no quiere sacar adelante y la oposición sí, tenemos que hacerlo. Lo contrario sería un fraude a los pontevedreses", reiterou.
Entre estes asuntos, Jacobo Moreira -que afirmou estar aberto a máis suxestións- citou medidas activas de emprego, a posta en marcha dun transporte público, habilitar carrís bici por toda a cidade, aumentar o gasto social, reducir a carga impositiva, completar o saneamento do rural e da ría, mellorar a transparencia na xestión do Concello, crear unha biblioteca pública municipal e avanzar na redacción dun novo PXOM.
Este último aspecto é, a xuízo dos populares, a primeira decepción -xunto coa sentenza de Sogama- do novo mandato. Carme da Silva, responsable de Urbanismo, anunciou que o goberno municipal prevé renunciar a sacar adiante o PXOM, ao obrigar a Xunta entre outras cuestións a incluír ENCE como terreo industrial. "No puede ser que no vayan a hacer el PXOM. Eso es no saber lo que necesita Pontevedra", lamentou o voceiro do PP.
Para aprobar todas estas cuestións, Moreira confía no "cambio" que experimentou o PSdeG-PSOE agora que non está no goberno municipal, aínda que afirmou que se o obstáculo para non aprobar o PXOM é ENCE "podemos dejarlo a un lado y hablar del resto de los problemas de Pontevedra".
Aínda que recoñece que a marxe que ten o Pleno para forzar ao goberno municipal a actuar nun ou outro sentido, Moreira fixa a súa mirada na necesaria aprobación plenaria dos presupostos municipais, para os que o BNG necesita o apoio, polo menos, dun grupo da oposición. "Y si todos consensuamos incluir una partida para el transporte urbano, por ejemplo, el gobierno no tiene más remedio que ejecutarla", concluíu.
Relacionadas:
-
O PXOM une a toda a oposición en contra do BNG
Por Redacción |
-
Moreira seguirá tendendo a man aos grupos da oposición malia que "solo quieren hablar de su financiación"
Por Redacción |
-
Marea buscará que o Pleno force o BNG a retomar a redacción do PXOM
Por Redacción | Creada e actualizada
-
PSdeG-PSOE e Marea rexeitan a oferta do PP de crear unha fronte común na oposición
Por Redacción |
-
PP e PSdeG-PSOE presidirán finalmente dúas das seis comisións informativas do Concello
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas instan o Concello a iniciar os trámites para unha consulta popular sobre ENCE
Por Redacción |