O Concello cubrirá "moi pronto" os restos arqueolóxicos da praza Valentín García Escudero
Por Redacción
Os restos arqueológicos da praza Valentín García Escudero serán cubertos moi pronto. O Concello de Pontevedra ultima a redacción do proxecto, despois de que nada máis iniciarse o actual mandato municipal optásese por aparcar o pretendido Museo da Historia polo seu elevado custo económico. Esperan presentar os detalles desta actuación "en cuestión de semanas".
O concelleiro responsable do Centro Histórico, Luís Bará, explicou que a próxima semana tramitarase a resolución do contrato coa empresa que resultara adxudicataria da primeira fase deste Museo. Haberá que pagarlle, segundo o Consello Consultivo de Galicia, unha indemnización de 42.000 euros, unha cantidade moi afastada dos 200.000 euros que esixía a empresa.
A partir de aí, o Concello de Pontevedra poñerase en contacto cos veciños para tratar de consensuar unha obra que pretende cubrir os restos arqueolóxicos e da muralla que se atoparon na zona e que, actualmente, están convertidos nunha auténtica escombreira, como denuncian as asociacións de veciños do Centro Histórico.
Unha vez abonada a indemnización á empresa, o goberno municipal pode utilizar o diñeiro consignado na partida desas obras, algo máis de 700.000 euros, para afrontar esta actuación.
Ademais, Luís Bará anunciou que o vindeiro luns se retomarán as obras de mellora da accesibilidad na Praza da Ferrería, que se estenderán agora ao Paseo de Odriozola, "onde se farán excavacións bastante grandes" para a instalación dun transformador de Fenosa, e que os traballos na Ponte dos Tirantes obrigarán a cortar un carril de circulación, tras completar a actuación prevista xa na avenida de Bos Aires.
Relacionadas:
-
Patrimonio evita ao Concello e comunica a Moreira o permiso para cubrir García Escudero
Por Oskar Viéitez |
-
Valentín García Escudero, á espera do visto bo de Patrimonio
Por Alejandro Espiño |
-
O PP denuncia o "completo abandono" da praza Valentín García Escudero e urxe solucións
Por Alejandro Espiño |