A reitoral de Santa Cristina de Cobres xa é veciñal
Por Redacción
Este venres asinouse ante notario a compra da antiga reitoral de Santa Cristina de Cobres, o que pon fín a 15 meses de negociacións e tramitacións administrativas para que os veciños da parroquia pasen a ser os propietarios deste enclave que levan reivindicando desde o ano 1979, cando a propiedade foi expropiada á Igrexa para a construción da autopista AP-9.
Desde ese momento escomenzou un proceso reivindicativo para que a propiedade pasase a ser patrimonio da parroquia, pois trátase do legado arquitectónico máis antigo e máis importante de Santa Cristina de Cobres, datado no século XVII.
PREVENCIÓN DE INCENDIOS E SILVICULTURA
Por outra banda, nestas últimas semanas leváronse a cabo os primeiros traballos dentro da campaña de prevención de incendios consistentes nos desbroces mecánicos dos laterais dos viais troncais do monte comunal.
Os desbroces fixéronse nos viais Paradellas-Castiñeiras, Areeiros-Charmoles, Vilar-Castiñeiras, Monte dos Areeiros e os tramos urbanos do monte da Craveira e monte do Cabalo. Estes desbroces abarcan un total de 12 km de viais forestais do monte comunal.
Relacionadas:
-
Abre o prazo para optar á rehabilitación da vella reitoral de Cobres
Por Redacción |
-
Os comuneiros escollen proxecto para converter a reitoral de Santa Cristina de Cobres nun viveiro de empresas
Por Oskar Viéitez |
-
Os comuneiros de Santa Cristina de Cobres negocian co Arzobispado a cesión da casa rectoral
Por Oskar Viéitez |