Tamén o PSOE descarta que o acontecido en Lugo afecte á Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O secretario provincial do PSdeG en Pontevedra, Santos Héctor, lamentou o sucedido na votación de investidura da Deputación de Lugo pero sinalou que esa situación "non afectará ás negociacións" que o seu partido retomou este venres co Bloque Nacionalista Galego para alcanzar un pacto de goberno na Deputación de Pontevedra.
"O sucedido na Deputación de Lugo non vai a afectar ás negociacións para a consecución dun acordo por parte do PSdeG e o BNG para a Deputación de Pontevedra", dixo Santos Héctor antes do inicio do Pleno da Administración provincial.
Santos Héctor mostrouse "convencido" de que se vai pechar un acordo que "beneficie aos veciños e veciñas para facer un cambio importante na forma de gobernar a Deputación de Pontevedra".
CARMELA SILVA
Finalmente Santos Héctor defendeu a candidatura de Carmela Silva para presidir o ente provincial porque "foi aclamada por todos os compañeiros como a mellor opción e a executiva federal ratificou a súa candidatura", e negou a existencia dun expediente á política viguesa, tal e como asegurara o presidente provincial do PP, Rafael Louzán.
"Esas declaracións son completamente falsas, ese señor leva toda a vida calumniando", manifestou Santos Héctor sobre as palabras de Rafael Louzán de quen dixo que "el si que está nos tribunais e ademais se dedica a mentir continuamente, demostrando ser unha persoa cunha catadura moral baixa e un mal perdedor".
Relacionadas:
-
Louzán di que "a cidade de Pontevedra é moeda de cambio" no pacto PSOE e BNG na Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
O Partido Popular designa a Rafael Louzán deputado por Cambados
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán asegura que a "gran vocación" do BNG é "dar carnés certificados de boa conduta" pero "con moral dobre e hipócrita"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Louzán: “Desde o PP estamos ollando o espectáculo de circo romano no que o PSOE e BNG se pelexan”
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |