A reforma da fachada do Teatro Principal oculta a pedra
Por Oskar Viéitez
A nova imaxe da fachada do Teatro Principal xa se pode comprobar tras a estada instalada no lateral da rúa Alhóndiga.
A gran novidade é a cubrición da pedra cunha capa de morteiro branco que cambia completamente a fisionomía do edificio.
Esta reforma está enmarcada nos traballos para arranxar o tellado e eliminar algunhas filtracións de auga e as humidades que durante estes anos deterioraron este histórico edificio.
A empresa Acevi S.L. está executando a reforma por un importe total de 106.800 euros, que ademais dos traballos antes sinalados inclúen o pintado dos espazos interiores do teatro.
Relacionadas:
-
O Principal renovará o parqué do seu escenario en 2018
Por Alejandro Espiño |
-
Como se ve Pontevedra dende as cubertas do Principal?
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Por que se encala a fachada do Teatro Principal?
Por Redacción |
-
As humidades da fachada do Teatro Principal serán eliminadas
Por Oskar Viéitez |