Soben as temperaturas e empezan os incendios
Por Diego Torrado & Redacción
O lume seguiu sendo protagonista máis alá da noite de San Xoán. Os servizos de urxencias traballaron durante a xornada do mércores na extinción de varios incendios forestais que apareceron a medida que as nubes foron despexando e subían as temperaturas.
Así, os Bombeiros de Pontevedra atallaron a tempo o lume detectado a media tarde nunha zona de matogueira xunto ao Mirador de Monte Porreiro. A súa rápida actuación evitou que as lapas se estenderan a unha zona arborada próxima, afectando unha pequena superficie de terreo.
Igualmente no lugar de Postemirón no municipio de Vilaboa produciuse un incendio forestal que obrigou á intervención de varias brigadas xunto a un helicóptero.
E finalmente, a última hora da tarde quedou controlado outro incendio en Soutomaior, ás portas do municipio de Pontevedra. Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse ás 13,45 horas e estímase que a superficie queimada é de ao redor de 30 hectáreas, a maioría de monte arbolado.
Nos labores de control e extinción das lapas atópanse traballando catro axentes forestales, cinco brigadas, cinco motobombas, unha pá, un helicóptero e dous avións.
Relacionadas:
-
Emerxencias Sanxenxo atende a un home ferido o envorcar o seu tractor e un incendio forestal
Por Oskar Viéitez |
-
Os comuneiros alertan dos escasos medios da Xunta para enfrontarse a un verán con alto risco de incendios
Por Redacción |
-
A Garda Civil imputa un mozo como suposto autor dun delito de incendio forestal en Cotobade
Por Redacción |
-
Alarma en Lérez por un incendio nun galpón cheo de leña
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Extinguidos os incendios forestais rexistrados na parroquia de Cobres
Por Redacción |