O xefe provincial da Policía Nacional en Pontevedra, Guillermo Sánchez, deixa o cargo por xubilación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu este mércores ao xefe Provincial de Pontevedra, o comisario principal Guillermo Sánchez, quen acudiu ás dependencias policiais para despedirse, xa que deixa esta responsabilidade pola súa próxima xubilación.
Guillermo Sánchez desempeñou o cargo de comisario provincial de Pontevedra durante os últimos tres anos, unha etapa na que, segundo o rexedor, houbo "bo feeling e unha magnífica relación" polo que asegurou que "lle botaremos de menos", por ser "unha persoa entrañable coa que sempre estivemos a gusto".
Fernández Lores tan só lamentou que non puidera convencelo durante todo este tempo "de que se comprase unha casa e viñese a vivir a Pontevedra", chanceou.
Pola súa banda Guillermo Sánchez valorou esta etapa á fronte da Comisaría provincial como "francamente positiva".
"Hemos tratado de cumplir con nuestra misión lo mejor que hemos podido, de la forma más eficaz", destacou Guillermo Sánchez tras apuntar que ao chegar a Pontevedra atopouse cun persoal "muy profesional y eficiente, que con los recursos que tiene ejerce magníficamente su trabajo".
Tamén subliñou os resultados policiais por ser "francamente buenos" o que permitiu que os niveis de seguridade en Pontevedra "sigan siendo altos" polo que mostrou a súa "satisfacción" polo feito de que a cidadanía poida presumir de que "tienen una ciudad segura".
"Podemos sentirnos confiados en que vamos a tener un futuro de seguridad porque la gente que trabaja aquí es muy competente", engadiu.