Morre un ciclista atropelado por un camión na entrada do Porto de Marín
Por Redacción
Un ciclista faleceu na tarde deste xoves tras ser arrastrado por un camión na entrada do Porto de Marín.
Trátase dun home de Bueu de 41 anos, Cristóbal Hermida Freire, moi coñecido polos seus veciños ao ser presidente de clube ciclista da localidade.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 17.28 horas na saída da autovía PO-11 Marín-Pontevedra e a entrada ao recinto portuario marinense, en Os Praceres.
O camión ía cargada de material de construción e arrastrou o ciclista, causándolle feridas graves que lle causaron a morte pouco tempo despois. Un particular alertou do accidente e sinalou que unha vez arrastrado xa presentaba feridas de gravidade.
Segundo puido saber PontevedraViva, unha das primeiras persoas en ver ao falecido foi outro ciclista que circulaba pola zona ao recoñecer al o maillot púxose en contacto con outros membros do clube.
O camión saía da autovía PO-11 en dirección a Marín cando arrastrou o ciclista. Segundo relatou o chófer, non o viu porque o cegou o sol.
O 112 alertou do atropelo a Protección Civil de Marín, Urxencias Médicas de Galicia-061 e a Garda Civil de Tráfico. Trasladouse á zona unha ambulancia.
Unha vez que Tráfico chegou ao lugar do accidente, no límite entre os termos municipais de Pontevedra e Marín, solicitou a presenza dun servizo de limpeza para que se fixese cargo da retirada de restos de material de construción que cairon do camión á vía e obstaculizaban a calzada.
Relacionadas:
-
Multitudinaria pedalada para pedir unha vía peonil e ciclista segura entre Pontevedra e Marín
Por Natalia Puga |
-
Álvaro Pino, Marcos Serrano, Gustavo César Veloso e Delio Fernández participarán na marcha-homenaxe a Cristóbal Hermida
Por Redacción |
-
Percorrido de brazaletes negros e ramo de flores para o presidente do Club Ciclista de Bueu
Por Redacción |
-
Unha marcha entre Bueu e Marín recordará a Cristobal Hermida, ciclista atropelado nos Praceres
Por Redacción |